12.21.2010

BO NADAL!!

Desde a biblioteca queremos desexarvos un bo nadal!!



Moitas gracias polo éxito que tivo a exposición sobre a fantasía! Tivemos moitas peticións para ler os libros expostos!

12.09.2010

MUNDO DE FANTASÍA









Achegádevos a biblioteca se queredes sumerxirvos no marabilloso mundo da fantasía: elfos, fadas, bruxas, ogros, sereas, aventuras incribles.... estanvos agardando!





Disfrutade da exposición de libros sobre o mundo da fantasía durante este mes!

12.03.2010

CONCURSO DE FRASES CÉLEBRES










Como xa vos anunciaramos, fixemos un concurso de frases para animar a lectura. Seleccionouse a mellor frase de cada clase e expuxéronse nos pasillos do cole xunto con outras frases célebres.




















Esta exposición tamén nos sirve para traballar a imaxinación, a redación...

Os gañadores escribiron eles mesmos as súas frases e recibiron un pequeno agasallo.


NORABOA A TODOS!!!!



10.25.2010

MOCHILA VIAXEIRA



Durante este curso, iniciaremos unha nova aventura dende a biblioteca escolar do cole.

Xa veredes o moito que ides disfrutar coas nosas mochilas viaxeiras.

¡Trátaa con coidado!

E así todos e todas poderemos disfrutar con elas.


24 de octubre: Día das Bibliotecas Escolares



Co galo deste día celebramos un concurso de frases ilustres.


¡Anímate e participa!

Axiña coñeceremos os gañadores.

9.06.2010

PLOI DÁVOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR



Ola rapaces e rapazas!
Espérovos no cole con novas sorpresas para este curso.
Estade ben atentos...
Espérovos na BIBLIO no horario habitual.




ATA PRONTOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

6.09.2010

LETRAS GALEGAS

Para celebrar as Letras Galegas, fixemos actividades no Encerado Dixital sobre Uxío Novoneyra.

Participaron tódolos nenos do cole, desde os máis cativos ata os de 6º.
Gracias aos xogos coñeceron mellor a vida e obra do poeta do Courel

6.08.2010

OBRADOIROS

Temos que felicitar aos alumnos/as pola alta participación nos obradoiros convocados.
Os do 3º ciclo decoraron separadores alfabéticos, con eles poderedes atopar mellor, e tamén colocar, os libros nas estanterías!

Os alumnos/as do 2º ciclo ordenaron e arranxaron os xogos de mesa da biblioteca.

Este venres o obradoiro é para os nenos/as do 1º ciclo, elaboraran novos marcadores de Ploi, seguro que é un éxito!

NOVIDADES DO CURSO 2009/10

Este ano temos unha nova decoración, representa o mundo máxico que podedes atopar nos libros: trasnos, superheroes, bruxas... Esperamos que sexa do voso agrado!

Unha nova zona coa que contamos é a de contacontos, que xa empregamos en diversas ocasións.
Ademais colocamos un buzón de suxestións, no que podedes indicar libros, xogos ou actividades que vos gustaría ter na biblioteca. Estamos moi contentos coa vosa participación!

6.07.2010

REMATA O CURSO!


Lembrade que xa non se poden coller máis libros en préstamo e que tendes que devolver os que teñades! Nos próximos días avisaremos os nenos e nenas que teñan algunha devolución pendente.

6.02.2010

DÍA DO LIBRO

O día 23 abril fomos a plaza de San Fernando, o obxectivo era que as comunidades educativas aportasen libros en desuso para intercambio e doazón de libros. Foi unha actividade na que participamos tódolos centros educativos de Tui e a biblioteca municipal. GRACIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!!



Ademais, esta semana fixemos de contacontos.
Aproveitando a nova zona que creamos na biblioteca, os maiores contaron contos e fixéronlle dramatizacións aos máis cativos.




3.29.2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

















O día 24 de Outubro, celebramos o día das bibliotecas escolares no C.E.I.P. número 1 de Tui.

Os nenos e nenas disfrutaron con numerosas actividades na pizarra dixital e puideron comprobar os seus coñecementos sobre o funcionamento da biblioteca.