SEMANA TRADICIÓN ORAL - presentacion imagenes
A 2ª semana de
novembro celebramos a Semana de Tradición Oral. Debemos lembrar SEMPRE que os
nosos maiores son unha fonte inesgotable de saber. Eles viviron moito, e
aprenderon dos seus maiores. A Tradición Oral abarca todas esas ensinanzas
(lendas, contos, cancións, refráns, formas de facerse as cousas...) que
aprendemos non porque as leamos nos libros, senón porque ensínannos os demais,
especialmente os nosos maiores.
Este ano tivemos
uns ponentes marabillosos: pais e avós/as que viñeron compartir con nós moitas,
moitas cousas...
Levaron coma
recordo un diploma no que se materializa o noso agradecemento.
Grazas de corazón
por contribuir á educación dos nosos nenos e nenas!!