11.19.2012

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Como do luns 12 ao venres 16 de Novembro se celebraba a "Semana da tradición oral", decidimos mandar invitacións aos nosos avós e avoas para que viñeran ao colexio a contarnos cómo eran os xoguetes nos seus tempos. Foi un día xenial, as avoas e os avós estaban encantados cos seus diplomas, e os netos e netas orgullosísimos deles. Aquí vos deixamos as fotiños de todo o que pasou ese día. Mirade que sorisos e caras de satisfacción.

Así nos quedou o mural. Antes de que viñeran os protagonistas, tiñamos colgados os diplomas. Despois enchímolo de fotos. Mirade a tod@s @s avós e avoas reunidos enisando os seus diplomas!

Moitísimas grazas polas vosas historias avós e avoas!!

11.07.2012

Un video moi moi interesante...

Aquí vos deixamos un precioso e interesantísimo vídeo. Foi creado polo colectivo de docentes de música e plástica para promocionar as bondades da educación artística en todas as etapas da aprendizaxe xa que, entre outras miles de cousas, axudan a educar as nosas emocións. Valorar, soñar, vivir, crear, disfrutar, imaxinar, sentir, pensar, entender, escoitar, xogar, pensar, percibir expresar…forman parte da nosa realidade. Como di a canción, “a realidade é arte por dentro” por iso para a música e plástica na nosa escola son fundamentais. Seguro que despois de ver o vídeo pasaredes un bo rato tarareando a canción.

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Menuda biblioteca terrorífica mais chula tivemos a semana pasada!!foron poucos días pero, como chegaba o Samaín, fixemos moitas cousas. Os de Infantil debuxamos unhas xeniais sonrisas terroríficas; os de Primeiro Ciclo escribimos poesías terroríficas; e os de Segundo e Terceiro ciclo uns terroríficos contos ...todo moooi terroríficooooo. Mirade as fotos e veredes.

11.06.2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares" fixemos moooooitas e variadas actividades coas que todos disfrutamos un montón. Todo o colexio participou na elaboración de preciosos marcapáxinas que tedes expostos no pasillo da entrada do cole. Se non podedes vir, aquí vos deixamos unhas fotiños:

Ademais, os nenos e nenas de 1º e 2º vimos un vídeo precioso sobre un bibliotecario. Aquí vos deixamos o link para que podades velo na casa, merece moito a pena. Despois da "sesión mini-cine" fixemos un obradoiro de autocolantes no que coloreamos os autocolantes nos que estaba o noso querido Ploi.

Os nenos e nenas de 3º e 4º empezamos a sesión vendo unha presentación en power point sobre as marabillosas bibliotecas europeas. Despois, pasámolo xenial coa "Caza do tesouro" na que tiñamos que buscar os libros aos que nos guiaban as pistas. Fomos moi rápidos e todos conseguimos o noso ansiado diploma! Mirade que centrados estabamos na busca e que contentos cos nosos diplomas despois!

O alumnado de 5º e 6º tamén viu a presentación en power-point sobre as mellores bibliotecas europeas. Despois, estiveron moi atentos a unha charla sobre formación de usuarios para seguir sendo uns xeniais axudantes de biblioteca.

11.05.2012

DÍA DA TRACUCIÓN

Qué mellor que o noso cole plurilingüe para unirnos á celebración do día da tradución. Temos a sorte de contar con alumnado que ten orixes noutros países, algúns en Portugal, outros en Hungría, Francia, Uruguay, Marrocos...Gracias a estes nenos e nenas e as súas familias podemos aprender algunhas palabras e frases nas linguas que eles falan na casa, qué riqueza! Mirade ben as fotos para ver a algúns dos nosos protagonistas e aprender un pouquiño destas outras linguas. Moitas grazas pola vosa colaboración!